Friday 03 de May de 2024

Cabanas destaca o crecemento para este ano do turismo de transatlánticos na cidade


A concelleira asistiu esta tarde á Gala dos Premios Excellence de Cruceiros no Teatro Rosalía, en que se repartiron 19 distincións ás mellores firmas do sector

A concelleira de Turismo, Diana Cabanas, participou na Gala dos Premios Excellence de Cruceiros no Teatro Rosalía, que organizou Cruises News Media Group por primeira vez en Galicia, e na que se repartiron un total de 19 distincións ás mellores firmas do sector. A edila, que outorgou o premio á “Mellor compañía de Turismo fluvial 2019”, sinalou que o lema “A Coruña. Sempre aberta” atende á hospitalidade dos e das coruñesas, á súa orografía e á súa condición histórica de levar recibindo visitantes no seu porto desde a Idade Media, “isto benefícianos non só no comercio e na economía, tamén na cultura e na nosa identidade, que chupa doutras nacionalidades e faise aberta como aberta é esta cidade que mira ao mar por todos os seus vértices”. Cabanas falou do crecemento do turismo de transatlánticos porque se o ano pasado, “105 buques realizaron escala aquí, con máis de 160.000 pasaxeiras/os a bordo”, este ano prevese que o fagan 121 con máis de 180.000 cruceiristas”. A concelleira agradeceu o esforzo da Autoridade Portuaria e do Consorcio de Turismo por exaltaren as marabillas da Coruña e pediulles ás compañías navieiras que respecten o medio ambiente e reduzan ao máximo o impacto ecolóxico negativo que producen as súas embarcacións de recreo. Pola súa parte, a xerenta de Turismo, Lanzada Calatayud, entregou o premio ao “Mellor recoñecemento de marca Axencias de Viaxes 2019” e no evento tamén interviñeron Enrique Losada, presidente da Autoridade Portuaria, e o conselleiro de Turismo, Román Rodrígue